Volver a Vieiros

En picado

Enviado por Xauska o día 07.04.2009

Toda mollada como a min me gusta. Véxote toda aberta de cara a min, soa para poder gozarte enteira, de punta a punta. Empezo os preliminares amodo. Báixome os pantalois, quítome a camiseta ao tempo que observa-la miña nudez decátome de que remexes ansiosa, desbordante. O meu pelo mollado mestúrase coa suor quente que desprende o meu corpo e forma un chorro que percorre os meus peitos ata esquiva-lo incipiente vello da pube. A miña man acompaña a suor nesa viaxe e nótoa pegañenta. Tócoa coa xema dos dedos. Curiosa sensación de empapamento dos nosos corpos aínda alleos.

Escoito que murmuras lámbema. E eu toda espida cun salto mortal crávome en picado na piscina.

2.82/5 (28 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede