Volver a Vieiros

Cidade do vicio

Enviado por yeray3 o día 10.03.2009

Gañara as eleccións o Partido do Sexo, e mudou naquel monte compostelán o que sería a cidade da cultura pola do vicio. Fun para alá e non daba crédito ao que ollaban os meus ollos, loiras espectaculares, raíñas negras de grandes peitos, princesas orientais moi sensuais. Mais eu reparei nunha rapariga que estaba a carón da xanela principal, ela era galega. Non pasaron nin cinco minutos cando os dous xa estabamos nús nun desexo incontrolável de paixón nun leito cuberto de diamantes.
Cando de súpeto acordei. Fun até o Gaiás e o que vin foi a Fraga inaugurando a cidade da cultura española cun grande retrato de Franco na entrada principal. Se cadra era certo, era a cidade do vicio.


2.85/5 (54 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.