Volver a Vieiros

Auga

Enviado por Xacia o día 13.03.2009

Nordés_ Que fas?

Chorima_ En realidade íame á ducha…

N_ Vou contigo.

C_ Hahaha
C_ Como?
C_ Polo aire?

N_ Non, polas tubaxes.
N_ Convertereime en líquido.

Eu apaguei o ordenador sen seguir a conversa, vaia parvada. Funme á ducha.
De súpeto notei que a auga esvaraba dun xeito diferente, estaba quente de máis. Fervía!
Era el, ou ela. Non daba crédito. A auga comezou a acariñarme o corpo enteiro e o meu suor e fluídos mesturáronse con ise líquido tan excitante.
Empezou a exercer toda a súa presión no meu sexo e eu esvarei, víñenme abaixo botando o meu ultimo alento.
Nunca pensei que se puidese morrer de pracer.


2.85/5 (26 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.