Volver a Vieiros

Contusión de pixels

Enviado por sonsvidaesono o día 17.03.2009

Fixeime na dor que significaba agarrarme á túa web cam;
a miña fisioloxía compuxo un sexo distorsionado, analóxico por conveniencia,
e afeito a mergullarse nas túas redes só por impaciencia. Porque o silencio
diante da pantalla non é O silencio. Merecíame berrar
a través dos iconos do chat, merecíame unhas sabas capaces de estoupar a
miña resolución.
Dicíache ao ouvido que me atases á túa distancia, que respirases a miña
paixón eléctrica a pesares do meu perfil ausente.
Rompín o modem só coa necesidade das túas caricias. Que lle den á electricidade
se non ten os nosos nomes.


2.48/5 (23 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.