Volver a Vieiros

Bébeme agora

Enviado por Leda o día 18.03.2009

Bébeme agora, agora que aínda me derramo en néctares pola túa pel.

Bébeme agora, agora que non sinto reparo por entremedias das coxas; agora que se me derrama oleosa a frol nacente en min e me derramo toda en finísimas filigranas esvaradías por cada recoveco da túa tez.

Bébeme enxebre, ceibe, sensual, a tragos pequenos, en espiral... Deixándome abandoada ós meus instintos cavernarios.


2.67/5 (18 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.