Volver a Vieiros

Perspectivas da Pastora.

Enviado por mainzonofusco o día 20.03.2009

Polos descensos da Curota ás eiras eiras en fusco do maínzo, vou dispondo milicias de babuxa, ronsel.

Boto dedos coma liñas na percura do profundo (cunca de viños, remanso fluvial e raizame) e do xemer teu de arroás.

Estremeces en abalos de cavorco e pedra luída.

Sobrehabítote, tomas remo e eu ghamela, estancia.

Aperta, miña Señor, este San Sadurniño en Torre Constante da Derrota e velaí fai runa...
ruína...
... deconstrución.


2.13/5 (15 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.