Volver a Vieiros

CONDICIÓN DE POSIBILIDADE

Enviado por jatofanado o día 23.03.2009

Tantos bicos apaixonados e mans namoradas que xogan a facer o amor, tantas promesas, tantas bágoas de celos e lealdade. Mais, a pesar deste amor infinito que nos une, ti non queres consumar os nosos xogos máis románticos. Sempre o teu pai, o que dirán, o casamento... Pídesme que agarde, e por ti agardaría todas as vendimas necesarias; dinche xa mil veces a miña vida e daríacha tamén ante un xuíz ou mesmo ante un abade; pero o sinto, Migueliño, non podo casar con ninguén que non se morra de ganas de foder comigo.


2.73/5 (22 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.