Volver a Vieiros

Contos da mare

Enviado por sarela o día 27.03.2009

E a serea,farta da humidade do mar e da sequidade do seu corpo desexou converterse en muller.De súpeto a súa cola de escamas mudou e a nova muller coas súas longas pernas camiñou pola area da praia. Algo escoitara da cavidade interior, dese buratiño que fai tolear a homes e mulleres. A curiosidade levouna detrás dunhas rochas e alí deitada, baixo o Sol, comezou a acariciarse, pouco a pouco, ata concentrarse no vultiño que todas as mulleres coñecen. O calor ía prendendo no seu corpo e ó mesmo tempo, unha humidade non salgada a mollaba por vez primeira, facendo que no feliz final desta historia toda ela estoupara como estoupan as olas na praia.


2/5 (8 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.