Volver a Vieiros

O titiriteiro

Enviado por Picara o día 27.03.2009

Xa nin sequera me lembro de como comezou todo. Ás veces, trazos da miña memoria tráenme pensamentos dados por perdidos e podo recordar retais daquel estraño encontro, do experto tiririteiro manexando cada un dos meus torpes movementos, facendo que acariciara cada parte do seu corpo e mirándome sorrindo satisfeito.

E a pesares do pesadelo que me supón aquel recordo, eu non puiden máis ca te buscar, coma o estúpido títere no que me convertín, eu continuei agardando por ti. Se as persoas so teñen un corazón entón só poden amar a unha persoa, pero, os títeres non teñen corazón e por iso non necesitan amar a ninguén. É por iso non preciso amarte.


2.1/5 (10 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.