Volver a Vieiros

Trompicallo

Enviado por raxeira o día 12.02.2008

Acendo a luz e nótome un corpo. Boto o desnatado na cunca e métoa no microondas. Dúas de colacao. Removo lentamente. Como os cervos entoldaban a auga, amado Meogo. Mollo o churro e abro toda a boca como ameixa espida. E vén esa calor tan fría. Noto a velocidade percorrendo os cumios de neve. Os músculos entrillan a respiración e o sol entra pola ventá. Pénsote como se fose onte con lúa sempre. Métome na ducha, canso, con toda a humidade desta mañá de saliva e linguas. Non vos preocupedes pola louza. Xa fregarei á noite.


2.15/5 (13 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.