Volver a Vieiros

Na cociña

Enviado por Aouton o día 11.03.2009

E batía na nata para montala. Pedro espreitaba o seu corpo de costas axitándose graciosamente. Non puido frear o impulso. Achegouse e apreixouna pola cintura fortemente. Tita seguía batendo a pesar da dureza que sentía. Suspiraba profundamente. Fervíalle o sangue. Sabía o que estaba por suceder e deixouse facer. Coa forza dun boi sen castrar subiu as mans cruzadas desde a cintura ata o peito e arrancoulle todo. O peito de Tita, por fin libre, ascendía e descendía violentamente. A nata derramouse pola mesa e os peitos víronse sen remedio inundados naquel líquido, aínda sen montar. Rachoulle a longa saia cos dentes e entrou. Un berro de pracer afogouse entre as natas montadas.


2,67/5 (18 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.