Volver a Vieiros

69 anos luz

Enviado por ioshu o día 24.04.2009

Se me tivesen dito que a astronomía sería o meu pasatempo preferido, tería rido a cachón. Pero aquí estou, colgado do ceo desde aquela noite onde carguei monte arriba cunha morea de trebellos estranos. Terás que recoñecer que a cousa non comezou moi ben : que se esa é Orión, que se Casiopea... Despois de tres horas xa tiñamos comezado a explorar outro firmamento: a nebulosa de tócame aquí ou a galaxia de non pares agora. Ao final, estoupamos xuntos coma unha sistema duplo de ananas brancas e descubrindo un novo significado para Vía Láctea.


2,14/5 (7 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.