Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial
Galiza2009

Ideas para o 2M: Peneira dos programas

Reparamos nalgunhas das propostas estrela e na priorización que de cada unha delas fan as principais formacións políticas.

Redacción - 11:15 12/02/2009
Tags: galiza2009

(Os programas ao completo poden atopalos nas webs oficiais de PPdeG, PSdeG e BNG)



 
PP
 
PSG-PSOE
 
BNG

Infraestruturas e transporte

 
Reformulación da AP9 logo da transferencia de Ministerio a Xunta. Fomento da participación da iniciativa privada na xestión das infraestruturas. Plans sectoriais de mobilidade concretos para Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra e para áreas intermedias. Aparcadoiros disuasorios á porta das cidades. Aumento do gasto en conservación de vías. Creación dunha Axencia Galega de Estradas. Creación dunha Unidade de Seguridade no Transporte adicada á seguridade viaria. Creación do Ente Ferroviario Galego. Despregue de varios servizos de tren de proximidade. Conexión ferroviaria cos principais portos. Novo ramal ferroviario para o sur de Vigo.
 
Novos enlaces e ampliación da capacidade da AP9. Inxección de 5 mil millóns para a execución do Plan de Estradas. Gasto de 365 millóns en conservación de vías. Novo Plan de Seguridade Viaria, 100 millóns para suprimir TCAs (tramos concentración accidentes) e 100% barreiras protección motoristas. Conexión por tren dos principais portos. Creación dun Ente de Xestión dos Ferrocarrís. Fomento da intermodalidade. Tarxeta única e consorcios de transporte metropolitanos. Despregue de metro lixeiro en Vigo e A Coruña. Suma das autoridades portuarias nun Sistema Único de Portos. Reformas en favor da peonalización. Aprobación dunha lei de aeródromos e heliportos de Galiza.
 
Impulsar o traspaso de competencias e garantir a comisión Galiza-Estado para infraestruturas pendentes. Plan estratéxico de infraestruturas. Fomento da intermodalidade. Mellora do mantemento de estradas. Creación dunha Empresa Pública Ferroviaria e potenciación das conexións urbanas. Renovación do material ferroviario. Acceso do tren aos principais portos e polígonos industriais. Impulso de servizo de tren de proximidade. Titularidade e xestión dos aeroportos. Plan director para Lavacolla, conexión ferroviaria incluída. Sistema Portuario Galego. Supresión de puntos de sinistralidade e plan de seguridade viaria. Plan de Transporte Público de viaxeiros.
 

Ordenación do territorio

 
Aprobación en seis meses das Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan do Litoral. Impulso da participación cidadá e axentes sociais nas directrices e normas derivadas. Creación das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña. Coordinación de plans sectoriais nun Informe único Autonómico. Actuacións supeditadas a un previo Catálogo de Paisaxes de Galicia. Plan de Ordenación do Litoral. Plan de "Vilas Mariñeiras" e esforzo rehabilitador do patrimonio do litoral. Outorgamento de licenzas por medios electrónicos. Prazo máximo de tres anos entre redacción dos plans xerais e a aprobación provisional. Oficinas técnicas de apoio urbanístico en colaboración coas deputacións.
 
Segundo Plan de Reequilibrio Territorial. Plans territoriais integrados con planificación supramunicipal. Impulso competencial da Agrupación Europea de Cooperación Galiza-Norte de Portugal. Creación do Instituto de Estudos do Territorio. Integración dun mínimo de cen concellos na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Aprobación do Plan de Ordenación do Litoral. Plans integrais de infraestruturas portuarias. Aprobación definitiva das Directrices de Ordenación do Territorio. Plan Integrado dos espazos metropolitanos d'A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra. Revisión na costa dos problemas de clasificación de solo e delimitacións previas á lei de costas.
 
A comarca como unidade territorial básica. Elaborar Planos Directores comarcais, urbanos e rurais e unidades operativas supracomarcais e supramunicipais. Potenciar a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Axustar a estrutura organizativa do Goberno para a coordinación interdepartamental. Baleirar de contido operativo as Deputacións. Nova Lei de Ordenación Urbanística. Atención especial a conxuntos histórico-artísticos e actuacións en áreas degradas. Reformulación dos mecanismos de elaboración dos planeamentos municipais. Regulamento das sociedades de xestión urbanística. Fomento da participación cidadá nos planos de ordenación. Equipos técnicos comarcais.
 

Medio Ambiente

 
Participación de axentes socioeconómicos e empresariado nas políticas . Incentivo á iniciativa privada nas actuacións. Potenciación da I+D+i ambiental. Impulso ás enerxías renovábeis e aforro enerxético. Simplificación de burocracias ambientais. Reorganización da inspección ambiental. Fomento de cultivos enerxéticos en terras abandonadas. Creación dun Centro de Tecnoloxías Ecoeficientes. Rede de Centros de Educación Ambiental. Rede de parques naturais do litoral.
 
Investimento no Parque das Illas. Ampliación nun 74% da Rede Natura. Ampliación da Rede de Centros de Interpretación. Plan de Ordenación de Recursos Naturais. Rede de camiños naturais. Plan de Acción Contra o Cambio Climático. Criterios de contratación verde nas administracións. Centro mixto de investigación Xunta-Universidades-CSIC. Impulso de enerxías renovábeis. Nova lei de augas. Lei de prevención e intervención ambiental. Plans de Ordenación dos Ríos.
 
Ampliación de espazos protexidos con plans de desenvolvemento rural asociados e orzamento para adquisición de bens nestas zonas. Lei Galega de Educación Ambiental. Lei de usos do litoral. Mellora da lei de protección das rías. Saneamento dos ríos, declaración "libres de aproveitamentos hidroeléctricos. Paralización dos novos encoros. Plan Contra o Cambio Climático. Plan de Aforro Enerxético. Instituto de Investigación sobre Renovábeis. Reforma do Consello de MA.
 

Políticas de emprego

 
Plan autonómico de emprego 2009-2013 con mecanismos de avaliación cuantitativos e cualitativos. Modernización do Servizo de Atención a Desempregados e creación dunha Oficina Virtual de Emprego. Programa mixto para mozos menores de 25 anos, con etapa práctica co 75% so salario mínimo. Programa de formación e emprego para desempregados maiores de 25 anos, para a realización de servizos sociais. Reforzo de obradoiros. Plan de Emprego feminino.
 
Lei de Emprego de Galicia. Esforzo no diálogo cos axentes socioeconómicos. Programa de inserción de parados de longa duración. Incentivos a pequenas empresas para a contratación de 20 mil traballadores. Regularización do traballo non declarado dos familiares colaboradores. Fomento da cultura emprendedora. Modelo propio de inspección. Potenciación do Observatorio Ocupacional. Posta en marcha do Consello Galego do Traballo Autónomo. Programas para a igualdade da muller.
 
Fomento de emprego en actividades novas onde a iniciativa privada non avanzase. Estudo de potencialidades específicas para deseño de programas propios. Reorganización de tempos de traballo. Acordo interconfederal con empresas e sindicatos. Fixación de límites para as ETT. Regulamento do uso de contratos en prácticas e a tempo parcial. Plano Galego de Inspección. Aprobación dun programa de inserción e de salario social para desempregados sen prestación.
 

Ensino

 
Plan de modernización de centros. Extensión de servizos de orientación e necesidades educativas especiais. Figura do educador social fóra de horas lectivas. Plan de convivencia en colaboración coas Anpas. Plan de fomento das TIC. Plan de formación do profesorado. Loita contra o fracaso escolar. Reestruturación do ensino lingüístico e 50% de escolas trinlingües, cun terzo de materias en español, un terzo en galego e outro terzo en inglés. Impulso á Formación Profesional.
 
Lei de Educación de Galicia. Potenciación do labor das Anpas. Creación dun Observatorio da Calidade Educativa. Creación de 10 mil prazas de infantil. Redución da ratio de alumnos. Potenciación da orientación e reforzo das titorías. 500 millóns nun plan de novos centros e mellora dos actuais. Máis Escolas de Idiomas. Introdución das pizarras dixitais. Plans Madruga e reforzo da apertura de centros fóra de horario escolar. 700 millóns para o reforzo da FP. Bolsas salario en FP.
 
Creación de 10 mil prazas de galescolas e actualización do Plan de Mellora de Escolas Infantís. Equipos específicos para atención de necesidades educativas especiais. Redución de ratios por aula. Plan contra o fracaso escolar. Redución de concertos coa privada. Mellora da política de bolsas no ensino postobrigatorio. Reformulación da FP. Transferencia á Xunta da formación profesional continua. Extensión da rede de Escolas de Idiomas. Rede de educación permanente de adultos.
 

Sociedade da información

 
Clúster galego de empresas TIC. Fomento TIC en pemes. Programas de introdución tecnolóxica en sector agro-gandeiro e pesqueiro. Plan TIC da administración con unidade centralizada para despregalo. Plan integral de infraestruturas básicas (banda larga e TDT). Plan Integral de Alfabetización Dixital. Rede de telecentros.
 
Universalización da banda larga. Completar a TDT. Reforzo da e-administración. Despregue dunha nova rede dixital de telecomunicacións oficiais e de emerxencia. Axudas ao acceso de pemes e micropemes ás TIC. Observatorio da Competitividade na Fundación para a Sociedade do Coñecemento. Potenciación do desenvolvemento de software libre. Despregue de puntos wifi en espazos de interese social. Posta en marcha do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións.
 
Plan director de banda larga. Consorcio para estabilizar a rede de dinamización. Impulso ao centro de software libre Mancomún. Estímulo da e-administración. Impulso de ferramentas de uso para persoas con discapacidades. Plans específicos para pemes e autónomos. Incentivos aos contidos dixitais. Apoio á colaboración entre empresas TIC. Decreto de estándares abertos na administración. Acceso pleno á TDT. Converxencia nun organismo das competencias TIC agora dispersas na Xunta.
 

I+D+i

 
Creación dunha axencia independente coordinadora de todos os axentes (investigadores, promotores, investidores e institucións) para a captación e impulso de proxectos. Creación dun club de "business angels" en coordinación co Igape. Fondo galego de capital risco e creación dunha sociedade específica para a xestión. Presentación de proxectos a fondos internacionais de capital risco.
 
Plan Galego de I+D+i 2011-2015. Orzamento até o 2% do PIB. Consecución de 10 mil investigadores no sector público e privado. Fomento da transferencia I+D ás empresas. Creación de unidades e centros que sumen grupos diversos. Creación da Rede Galega de Investigacións Tecnolóxicas. Programa de axudas a prol do I+D nas empresas e incentivos fiscais. Fomento especial da biotecnoloxía, nanotecnoloxía, enerxía e TIC.
 
Axencia Galega de Innovación e Desenvolvemento Industrial para a mellora da coordinación. Programa de Articulación do Sistema de I+D. Creación de máis centros de alto nivel. Fomento de transferencia de resultados de I+D e de colaboración entre centros. Oferta de espazos na rede de parques científicos. Novos instrumentos financeiros e incremento de capital risco. Estímulo de exencións fiscais. Programa específico para mulleres emprendedoras.
 

Cultura

 
Creación de imaxe de marca "Cultura de Galicia". Promoción do mecenado e do voluntariado cultural. Reforma da lei do patrimonio. Corpo de inspectores e Plan de inspección patrimonial anual. Plan Especial do Camiño de Santiago. Plans de conservación e restauración. Reactivación do CGAC e coordinación entre museos. 2010 como Ano da Lectura. Redefinición da AGADIC. Liñas de apoio financeiro a sectores diversos.
 
Programa de fomento e exportación da economía creativa. Apoio á reconversión de industriais tradicionais no ámbito das industrias culturais. Nova Lei de Bibliotecas. Impulso da proxección exterior do libro. Reforzo do Cultur.gal. Elaboración do Mapa das Artes Escénicas. Promoción da estabilidade de compañías residentes. Mellora da Rede Galega de Teatros. Plan de apoio á produción audiovisual independente. Creación do Arquivo Musical de Galicia. Plan de Revalorización do Patrimonio Cultural.
 
Plan Galego de Infraestruturas Culturais. Programa unificado de colaboración con concellos. Reforzamento da marca Cultura Vai. Coordinación programadora con entidades privadas e fundacións. Libros Brancos da Música e do Audiovisual. Casa das Asociacións. Lei de Bibliotecas. Políticas estratéxicas á beira de sectores non profesionais. Centro Castelao. Ano Seoane 2010. Plan Galego de Artes Plásticas. Club Cultural. Plan de Artes Escénicas. Mellora de marco normativo e de xestión do patrimonio.
 

Saúde

 
Lei de Garantías de Prestación, con máximo de 45 días para consultas e probas e 60 para cirurxía. Priorización de atención a pacientes sen diagnóstico. Unidades de atención integral á muller. Programa de revisións preventivas na primaria. Programa de termalismo terapéutico. Plan de mellora de atención farmacoterapéutica. Libre elección de hospital e médico. Oficina de elaboración de testamento vital. Unidades de apoio diagnóstico en atención primaria.
 
Lei de Saúde Pública de Galicia. Nova Lei de Farmacia. Lei de Garantía de Tempos Máximos de Demora e media de 30 e 50 días para consultas e cirurxía. Citas e probas no mesmo día. Plan de Calidade de Servizos Sanitarios. Plan Integral de Urxencias e Emerxencias. Ampliación de capacidades nos centros de atención primaria. Atención multidisciplinar. Adecuación de horarios de atención. Plan de prevención da Obesidade Infantil. Plan de Saúde na Escola. Atención bucodental gratis até 18 anos.
 
Simplificación do organigrama da consellaría. Reorganización da asignación de recursos e racionalización de gastos con compras centralizadas. Mellora de coordinación hospital-atención primaria. Inxección orzamentaria extra na primaria, con mellora de ratios e probas diagnósticas. Estrutura multidisciplinar de atención especializada. Alternativas á hospitalización tradicional (unidades domiciliarias, curta estadía). Potenciación hospitais comarcais. Redución listas espera.
 

Lingua

 
Principio de "libre opción" en todos os ámbitos, especialmente no ensino, coa derrogación do decreto correspondente. Supresión de axudas ao galego no comercio. Creación de Oficina de Dereitos Lingüísticos. Centro único para expedición de títulos.
 
Plan Estratéxico de Política Lingüística. Creación do Consello Social da Lingua Galega. Iniciativas de fomento dos valores do plurilingüismo. Impulso co goberno español dun "Consejo de las Lenguas" para a promoción da diversidade. Colaboración especial con concellos onde sexa máis necesario o labor dinamizador.
 
Igualdade xurídica co castelán. Desenvolvemento do Plan Xeral. Rede de servizos de normalización. Fomento da lingua no ámbito TIC. Programación plurisectorial para ámbito familiar e educativo. Garantir a aplicación do decreto da lingua no ensino. Medidas diversas asociadas a tv, deporte, medios, literatura ou música. Convenios con axentes para a promoción no eido económico. Impulso do vencello Galiza-Portugal.
 

Igualdade

 
Rede municipal de asociacións de apoio a vítimas de violencia de xénero. Programas de reeducación para maltratadores. Programas de formación para mulleres e axudas para a contratación. Axudas específicas para emprendedoras. Acordo global a prol da igualdade salarial.
 
Promoción do asociacionismo da muller. Promoción na negociación colectiva da presenza das mulleres en áreas de responsabilidade. Creación do Consello de Participación da Muller. Plans de Igualdade en todos os concellos. Protocolo contra o acoso laboral. Plan Galego de Prevención da Violencia de Xénero.
 
Unidades administrativas de igualdade en todos os departamentos da Xunta. Comisión Interadministrativa de Igualdade. Defensoría da Igualdade. Consello Galego das Mulleres. Unidade administrativa para a prevención do acoso. Apoio ao asociacionismo. Plan Estratéxico Muller e Ciencia.
 

Xustiza e seguridade

 
Creación dunha Consellaría de Xustiza específica. Desenvolvemento competencial completo. Despregue urxente da nova oficina xudicial. Constitución dun órgano permanente de relación entre Xunta e TSXG. Fomento de traballos para a comunidade como alternativa a penas de prisión. Nova Lei de Policía e de Emerxencias.
 
Posta en funcionamento da Policía de Galicia con 600 efectivos inicialmente. Mellora da Academia Galega de Seguridade. Colaboración policial entre concellos. Plan de Xestión de Emerxencias. Aumento de parques de bombeiros. Plans de emerxencia municipais. Incentivo da Protección Civil. Lei de Xogo.
 
Petición de transferencia dos secretarios xudiciais e planta xudicial. Plan de infraestruturas xudiciais. Mellora da xustiza gratuíta. Pacto galego pola xustiza. Despregue da Policía Galega. Sistema Integrado de Protección Civil e Salvamento. Xunta de Seguranza de Galiza.
 


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:


Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.