Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"SEGUIR CONSTRUINDO A ESPERANZA"

Manifesto ante o novo escenario político

Cento setenta e cinco persoas, a maioría profesores e xente do mundo da cultura, asinaron un manifesto redactado despois dos acontecementos das últimas semanas e dos resultados electorais. Ante o novo escenario político que se abre no estado, os asinantes demandan que se desenvolva "un traballo honesto, tolerante e unitario de todos os partidos e sectores progresistas para renovar un país que outramente estaría abocado á desaparición".

- 10:11 22/03/2004
Tags:

SEGUIR CONSTRUÍNDO A ESPERANZA

1. Hoxe é un día importante para as mulleres e homes e para os pobos que integran o Estado Español. Afortunadamente, Galiza seguirá presente no escenario político e a súa voz pode acadar unha nova dimensión nas decisións que afectan máis directamente ao noso país.

2. O novo escenario que se abre non é froito do azar senón produto da mobilización que dende hai meses se veu producindo, nomeadamente ante a maré negra do Prestige e a loita contra a guerra de Irak.

3. Esta mobilización, liderada polos sectores máis dinámicos da sociedade, en particular a intelectualidade e a mocidade, foi asumida e protagonizada polo conxunto da cidadanía porque os problemas máis graves aféctannos a todos.

4. Galiza tivo un especial protagonismo nesa brillante páxina de dignidade colectiva ao abrir o suco da mobilización. O movemento "Nunca Máis" foi a expresión manifesta, o lema galego que se espallou e se adoptou a nivel de Estado facéndose coñecido en todo o mundo.

5. Naturalmente, a brutal masacre de Madrid –ante a que os Galegos reaccionamos unanimemente sentíndoa na propia carne nosa– conmoveunos a todos, mais o evidente intento de manipulación do Goberno central non atopou diante súa unha sociedade disposta a se deixar enganar. Foi unha sociedade reflexiva e madura a que soubo utilizar a súa mellor arma para deter a perigosa dinámica que pretendía impór o PP.

6. Tamén para Galiza se abren novas perspectivas. É preciso agora saber estar á altura do que reclama a cidadanía: traballo honesto, tolerante e unitario de todos os partidos e sectores progresistas para renovar un país que outramente estaría abocado á desaparición.

7. Cómpre seguir construíndo día a día eses "Nunca Máis!" e "Non á guerra!" que son os dous polos inseparables dun mundo mellor.

8. Nunca máis debemos calar, resignados e fatalistas, porque o noso mal, todo mal, ten remedio. É a poder de vontade e unión como se resolven os problemas.

9. Dende a vella nación galega expresamos a nosa vontade de camiño común cos demais pobos do Estado nun escenario de igualdade e solidariedade, de respecto aos nosos dereitos nacionais e de avance cara un futuro de prosperidade.

10. A esperanza que estes días se abre, merece que todos deamos no esforzo o mellor de nós mesmos.

Galiza, 15 de marzo de 2004

Asinan:

Manuel Bragado Rodríguez
Henrique Harguindey Banet
Suso de Toro
Manuel Rivas
Rosa Aneiros
Pedro de Llano
Uxía Senlle
Ramón Chao
Ignacio Ramonet
Fran Alonso
Xosé María Álvarez Cáccamo
Fermín Bouza Álvarez
Miguel Anxo Fernán Vello
Bernardino Graña
Agustín Fernández Paz
Antón Costa Rico
Luis Álvarez Pousa
Xosé Vázquez Pintor
Antonio Fernández Álvarez
Maruxa Barrio Val
Miguel Vázquez Freire
Beatriz García-Ramos Macho
Marisa Núñez Álvarez
Rosario Belda
Xose Manuel Beiras Torrado
Arturo Casas Vales
Moisés Rodríguez Barcia
Montserrat Paz Núñez
Amada Traba Díaz
Manuel Forcadela
Gael Pérez Traba
Rocío Pena Blanco
Francisco Veiga García
Antonio García Teijeiro
Joaquín Sueiro Justel
Xosé Ramón Pena Sánchez
Celso Parada. Teatro do Morcego
Anselmo López Carreira
Cecilio Fonseca
Camilo Camaño Xestido
Antonio Nores Soliño
Euloxio López Gutiérrez
Luis A. Martínez Sobrino
Isabel González Casar
Miguel Anxo Murado García
Antón Fortes Torres
Agustín Díaz
Amanda Álvarez González
Xose Francisco Ferreiro Abelleira
Francisco Javier Constenla Acasuso
Avelino González
Xose Luis González Sende
Anxos Sumai
Mª Carmen Cabeza Pereiro
Santi Montes
Susana Parguiña Fernández
Alfredo Iglesias Diéguez
Isaac Pérez Vicente
Marta Pérez Pereiro
Gloria Sánchez
Marcos Valcarcel
Concha Baez Montero
Manuel Soto Castiñeira
Rosario Agudo Morán
André V. Salgueiro Armada
María Reimóndez Meilán
Xavier Queipo
Susana Losada Soto
Lourdes Maceiras García
Elena Martínez Pacheco
Miguel Nogueira Sieiro
Mercedes Espinosa Arevalo
Carlos L. Bernárdez
Fco Peña Villar "Xico de Cariño"
Patricia de Lorenzo González
Manuel Cortés Tallón
Xesús Ron Pereiro
Eduardo Estévez
Raquel Casal García
Antón Cortizas
Fernando Acuña Castroviejo
Emma Couceiro López
Dolores Vilavedra
Jorge Guitián
Xosé Manuel Moo Pedrosa
Pura Barrio Val
Luisa Abad
Ramón Nicolás Rodríguez
Manuel M. Barreiro
Cándido Pérez Betanzos
Roberto Pérez Pardo
Inma López Silva
Francisco Pillado Mayor
Esther Vázquez Otero
Xesús Veiga Buxán
Sandra Vilaseco
Ramón GB Pereira
Aurora Pereira Carballo
X.Luis Suárez Canal
Françoise Gauthier
Manuel Dios Diz
Xosé Manuel González
Agustín Bueno Rodríguez
Carmela Capeáns
Isabel Torres Antelo
Gonzalo Cao Sousa
Isabel Prada Bustillo
Yolanda Castaño
Isidro J. F. López Novo
Humberto Busto
Marga Romero Lorenzo do Val
Raúl Gómez Pato
Mª Carmen Leirós de la Peña
Carmela Cons Pintos
Santiago Prego Cabeza
Anxo Tarrío Varela
Carmen Campo Gándara
Francisco L. Vizoso
Francisco Xosé Candia Durán
Luciano Rodríguez Gómez
Elisa de la Peña González
Manuel Anxo Méndez Fraguas
Francisco Martínez Bouzas
Marica Campo
Xose M. Buxán Bran
Rexina R. Veiga
Lois Ríos Paredes
Antón Sobral
Emiliano Orizales Orizales
Xabier. P Docampo
Angel Segovia
Xaime Domínguez Toxo
Caridad Sanz Bravo
Xose Barreiro Otero
Ánxeles García Rivas
Xose A.Regos Varela
Daniel Beiras García-Sabell
Gerardo Casal Urcera
María Fernández Sanjurjo
Ramón Caride Ogando
Daniel González
Xoanca Albarellos Codesido
Paula Fernández
Pablo Camarero Pérez
Benxamín Vázquez González
Azucena Arias Correa
Araceli Villanueva
Ana María González Noya
Xan Traba Díaz
Angeles Iglesias Pereira
Anxo Cabada Álvarez
Mercedes Oliveira Malvar
Xosé Ramón Blanco Sueiro
Sergio Rodríguez Villanueva
Penano Rodríguez López
Carme Corbalán
Mª del Carmen Pacín
Chefa Hermo Insua
Álvaro Xosé López Mira
Manuel Dourado Neira
Xavier González Carreira
Xavier Alfaya
Alfonso Álvarez Cáccamo
X. A. Fraga
Carlos Meixome Quinteiro
Xoán Carlos Chillón
Eva Rodríguez Barreiro
Antonio Graña
Matilde Llano
María Xosé Beiras Torrado
Ana Miranda
Vítor Vaqueiro


5/5 (2 votos)