Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
FORAN SUSPENDIDAS O 11-M

Rafael Calvo na Noite Curta

O director Rafael Calvo será esta semana o protagonista do ciclo A Noite Curta, co que se pretende crear un circuito estable para a distribución e exhibición de curtametraxes. Nesta xornada do 15 de abril proxectarase, entroutras obras, O trasto, gañadora do premio Mestre Mateo 2002. A exhibición destes traballos estaba prevista para o pasado 11 de marzo, se ben foi suspendida por mor dos atentados de Madrid.

- 16:41 13/04/2004
Tags:

Prosegue en Fene o ciclo de curtametraxes A Noite Curta, promovido polo departamento municipal de Cultura e a productora Mr. Misto Films. Malia que nun principio estaba previsto que as proxeccións deran remate o 1 de abril, este día 15 terá lugar o pase que fora suspendido con motivo dos atentados do 11 de marzo. Ademais deste feito puntual, dende o Concello sinalaron xa que o ciclo se prolongará durante o mes de maio.

Este xoves, 15 de abril, a Casa da Cultura fenesa acollerá a proxección da curtametraxe O trasto, dirixida por Rafael Calvo. A obra, que narra a historia dun avó incapaz de comunicarse cos membros da súa familia, foi merecedora do premio Mestre Mateo 2002.

Completarán esta sesión os traballos Bamboleho, de Luis Prieto, El espantapájaros, de Gonzalo Zona e Yul, de Rodrigo Cortés.

As entradas para a sesión, que terá unha duración aproximada dunha hora, poden adquirirse ao prezo de tres euros. Podes obter máis información sobre as curtametraxes neste documento, en formato pdf.


0/5 (0 votos)