Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PP EXPULSA UN ALCALDE CATALÁN POR CHAMARLLES ''TARADOS'' AOS GAIS

O alcalde da Coruña votará no Senado en contra da lei que autoriza o matrimonio homosexual

Un total de 130 votos necesitaría o proxecto de lei que regula os casamentos entre homosexuais para pasar a peneira do Senado. Paradoxalmente, a suma aos votos de PP e Unió Democràtica de Catalunya, e algún probábel dende PNV ou CC máis o voto do senador e alcalde socialista da Coruña, superaría esa cifra, obrigando a que o proxecto volva ao Congreso. Francisco Vázquez expresou este martes os seus reparos fronte á iniciativa do goberno Zapatero e insinuou que se acollerá no seu caso á posibilidade de delegar en concelleiros para cumprir coa lei. Ao tempo, o PP catalán anunciou que botará do partido ao alcalde da vila de Pontons que entre outras belixerantes declaracións afirmou que "os homosexuais nacen deformados". Lembrámoslles que o veto dende unha alcaldía a unha voda gai pode ser cualificado de prevaricación e os alcaldes enfrontarían inhabilitacións de ata dez anos. Máis no Diario de Titulares.

- 07:11 27/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)