Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

O PSdG critica a "blindaxe" dos contratos de 42 altos cargos da Xunta

O responsable de Xustiza da Comisión executiva do PSdeG, Pablo López, criticou que 42 altos cargos da Xunta tentasen "aproveitarse da súa condición vantaxosa para facerse cunha praza da administración diante do cambio de Goberno". Sinalou que estes cargos de libre designación se presentaron ao concurso de traslados da administración especial nun feito "non ético" por canto "racha os principios de igualdade e libre concorrencia".

- 10:50 27/04/2005
Tags:

O responsábel socialista explicou que "este episodio de blindaxe constitúe unha mostra máis do clientelismo político e do nepotismo que se vén reiteradamente aplicando nos sucesivos gobernos Fraga no que atinxe a determinados postos de traballo da administración autonómica, cuestión que xa foi evidenciada incluso polo Consello de Contas".

Segundo asegurou López, un total de 42 altos cargos da Xunta de Galicia solicitaron concursar nas prazas da administración especial, que corresponde a persoal de confianza do actual goberno galego, polo tanto, nomeado polo método da libre designación. Destacan desta relación o director xeral de Montes, José Tomás Fernández Couto, e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ramón Ordás Badía. Seguen 9 subdirectores xerais da Xunta, o director da Escola de Sergude, o delegado provincial da Consellería de Agricultura en A Coruña, o alcalde de Ordes e 28 xefes de servizo das consellerías de Industria, Agricultura, Pesca, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.


0/5 (0 votos)