Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE

Psicofonía dixital dende o "purungatorio"

"Por iso lles digo: Coidado, porque o día que don Manuel falte uns iremos para o inferno e outros para o purungatorio". A voz do alcalde de Negreira serve de fondo para unha das últimas creacións musicais que poden escoitar na web de Manuel Seixas. "Porque don Manuel, movendo un dedo, manexa un Estado. Está comprobado". Ademais das louvanzas ao home cun Estado "na cabesa", recomendámoslles dar unha volta polas creacións semanais do autor: poesía, imaxes e outros textos. Na web tamén poden atopar información do grupo do que forma parte, os arousáns "Neuroband", e de paso ler a reflexión crítica de Seixas, profesor de filosofía no IES de Vilanova de Arousa, arredor da situación da filosofía, "unha arma cargada de futuro", no anteproxecto de lei presentado polo PSOE.

- 09:21 10/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)