Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG PRESENTA DENUNCIA FRONTE AO DEFENSOR DO POBO

O PP "coloca" a dirixentes e parentes nas fundacións públicas

Que teñen en común Xacobe Pérez, concelleiro do PP en Santiago, María Astray, filla do ex alcalde popular de Ames ou Miguel Rodríguez, fillo do voceiro municipal do PP en Compostela? Todos eles traballan para a Fundación Deporte Galego, exemplo, segundo a CIG, das irregularidades na contratación de persoal que para este tipo de institucións públicas estaría promovendo a Xunta e que, segundo denuncian, aproveita os últimos meses de mandato para deixar colocados a máis militantes e simpatizantes populares.

- 13:10 08/06/2005
Tags:

Todas esas contratacións realizáronse, segundo a CIG, "baixo o amparo e apadriñamento de Jose Ramon Lete Lasa, Director Xeral para o Deporte". Ao fío, a Confederación Sindical Galega advirte que as prazas convocadas recentemente pola Fundación Deporte Galego, "con entrevista definitoria e moi pouco temario para prazas do Grupo A", son exemplo de "vulneración" do dereito fundamental de igualdade no acceso a funcións e cargos públicos. Por este motivo, remitíronlle denuncia ao Defensor do Pobo pedíndolle que presente recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional.

Os representantes da CIG Xan Carlos Ansia e Henrique Salas denunciaron este mércores que en tempo electoral e fronte ao que puideran ser os "derradeiros dias do goberno de Fraga", as fundacións e institucións públicas manteñan "unha carreira para colocar a persoas afins e parentes, donde todo vale e non se respetan os principios de igualdade de oportunidades, merito e capacidade".


Ligazóns

0/5 (0 votos)