Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OCUPARA A CONSELLARÍA ENTRE 2003 E 2004

Falece a ex-conselleira María Xosé Cimadevila

A que fora conselleira de Asuntos sociais, Emprego e Relacións laborais no penúltimo goberno Fraga, María Xosé Cimadevila, faleceu a tarde de onte como consecuencia dun cancro. A estradense, que tiña 46 anos, dirixira a consellaría entre xaneiro de 2003 e setembro de 2004, cando a súa enfermidade a obrigou a retirarse. Licenciada en Dereito, fora directora xeral de Relacións laborais e secretaria xeral da consellaría de Xustiza. A Xunta concedeulle a medalla Castelao en 2005.

- 08:58 09/06/2005
Tags:


0/5 (0 votos)