Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CONSELLARÍA ANUNCIA A REVISIÓN DOS CONCERTOS COS CENTROS

A Xunta incrementou constantemente as subvencións ao ensino privado "mentres desatendía necesidades e servizos no ensino público"

"Estamos a falar de empresas que teñen un fin de lucro sobre un servicio que debe ser universal. Nós pensamos que só a administración pode garantir un ensino plural e democrático coma é o das escolas públicas", opina Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino. Louzao explica que o obxetivo sería eliminar os concertos nos niveis de ensino non obrigatorio e revisalos e racionalizalos no caso dos niveis de ensino obrigatorio.

- 11:44 31/08/2005
Tags:

Dende a CIG-Ensino agardan que a promesa realizada pola nova conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, "sexa realidade e non quede nesas declaracións". Louzao considera que sería "louvábel" que a consellaría actuase nese camiño e asumise o labor de marcar "unhas pautas moi diferentes ao que foron as políticas educativas do PP".

Nesa liña detalla Anxo Louzao que as peticións dende o sindicato que el lidera pasan pola supresión dos concertos no ensino non obrigatorio e por unha revisión do que está acontecendo no resto de niveis, onde a lexislación recolle a posibilidade de concertos educativos pero "moitas unidades non teñen razón de ser porque poden ser absorbidas polo ensino público" e que un estudo "centro por centro" amosará "un resultado moi diferente" ao mapa de centros que agora existe en Galiza.

Recoñece que o ensino obrigatorio "tén un aval legal para establecer concertos" e destaca que "non poñemos en cuestión a estabilidade do traballo nestes centros" pero insiste en que hai que facer un estudo da situación, e que segundo os datos que dende o propio sindicato veñen ofrecendo, iso amosará o público pode e debe absorber unidades do privado concertado. Ao respecto detalla que desde 1998 suprimíronse 1052 aulas en escolas públicas, mentres que no ensino concertado só se reducían 32 unidades.

A maiores, o secretario xeral da CIG-Ensino amosa a súa preocupación por "certos mecanismos escuros e posiblemente fraudulentos" existentes á hora da selección do alumnado, actividades extraescolares ou escolla do seu profesorado. Comenta que o ensino público está sendo "subsidiario do privado" e se lle están outorgando "os mesmos dereitos e recursos e que malia iso non estea suxeito ás mesmas obrigas, aínda que o pagamos todos nós". "Acasi non estamos diante de empresas privadas ás que o persoal llo paga a administración?", critica.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: