Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUN INFORME SOBRE IMPACTO AMBIENTAL

Antón Masa, de xira por Arxentina para explicar a loita de Pontevedra contra ENCE

O biólogo Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría, estivo a fin de semana en Bos Aires convidado pola Central de Traballadores Arxentinos (CTA), para contar a experiencia da loita que os veciños de Pontevedra manteñen dende hai 18 anos coa celulosa ENCE, nun momento en que alá se vive un conflito similar pola intención da empresa española de instalar unha papeleira na fronteira entre Arxentina e Uruguai. Masa entregoulle á central un informe sobre o impacto ambiental que xeran as celulosas e impartiun unha serie de conferencias, e onte participou en diversas charlas-debate con deputados arxentinos. Hoxe está en Gualeguaychú, unha das localidades de Entre Ríos máis combativas contra a instalación de ENCE no seu territorio.

- 13:47 22/02/2006
Tags:

"A nosoutros ofrecéronnos os mesmos caramelos envelenados: investimentos multimillonarios e máis de 5 mil postos de traballo. Na construción emprégase moita man de obra, pero é pan para hoxe e fame para mañá. En Pontevedra, neste momento, non chegan a 250 empregos. E destrúe outras fontes de traballo, como a explotación dos recursos naturais e do turismo", enfatizou Masa na charla pola CTA, tal como conta o sindicato na súa web. A páxina de Indymedia na Arxentina tamén recolle a visita do biólogo galego, en cuxa xira colaborou tamén a CIG á hora de coorganizala coa CTA e cos grupos uruguaios que convidaron a Masa.

Nunha entrevista concedida ao diario La Nación, Masa asegura que mentres a fábrica de Pontevedra produce 350 mil toneladas de pasta de papel nun ano, "a de ENCE en Fray Bentos producirá 500 mil, e a de Botnia, un millón, co cal a contaminación vai ser 4 ou 5 veces superior á de Pontevedra". Pódena ler enteira aquí.


Ligazóns

0/5 (0 votos)