Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O ALCALDE LUGUÉS PRESENTA BITÁCORA

Orozco brinca ao ermo político do blogomillo

"Desde distintos puntos de vista, dous homes miran a mesma paisaxe. Porén, non ven o mesmo". Con cita de Ortega y Gasset estreouse no blogomillo hai unha semana o alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco. Este venres presentou oficialmente a súa bitácora persoal, que de momento reduce a súas achegas a outra cita, desta volta de Norberto Bobbio: "Aprendín a respectar as ideas alleas, a determe diante do secreto de calquera conciencia, a tentar comprender antes ca discutir". O que xa fora o primeiro mandatario municipal en establecer unha cita cada xoves cos veciños a través da rede, será así non só o primeiro alcalde galego con weblog senón o primeiro alcalde dunha capital de provincia que se asoma ao mundo das bitácoras. Non é o primeiro do Estado por pouco, xa que se lle adiantou o de Cornellá, a quen Orozco enlaza cortesmente no seu blog. O alcalde de Lugo comprométese a actualizalo semanalmente e ten abertos os comentarios dos lectores. Case un blog con todas as da lei se non fose porque non ten RSS para facilitar a suscrición automática aos seus contidos, o que lle impide formar parte de comunidades sindicadas como Blogalego.

  • López Orozco, primeiro "alcalde dixital"

- 14:45 03/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)