Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASESOR CULTURAL DO GOBERNO VASCO

Ramón Zallo: "O encarceramento de Otegi sería un obstáculo para a paz"

Ramón Zallo, antigamente vencellado á esquerda abertzale, aporta algunhas chaves para entender unha tregua permanente que aínda non é disolución nin entrega das armas, porque non pode ser desintegración instantánea. Zallo lembra que dicir "permanente" introduce unha expectativa inédita, "e o normal é que ETA deixe definitivamente a actividade armada". O feito de que nos comunicados da banda se fale de proceso de normalización política, e aínda non de proceso de paz, interprétao coma "un sinal de que esta tregua aínda non está condicionada a nada. É irreversíbel desde o punto de vista da esquerda abertzale, mais non podemos falar aínda de disolución. O cese da extorsión ou da kale borroka aprázanse até que se poida falar de distensión política e de humanización no tema dos presos". Si advirte Zallo da distorsión que podería introducir o posíbel encarceramento do voceiro de Batasuna, Arnaldo Otegi. "Sería unha pésima noticia que encarceren a Otegi por ter estado ás duras e ás maduras", di, "un obstáculo para a paz".

- 12:56 23/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)