Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO ENFRONTAMENTO ENTRE TOURIÑO E FRANCISCO RODRÍGUEZ

Terapia de humor para o remendo das tensións no bipartito

"Hai que encaixar as críticas con humor e temperarse", recomendou esta fin de semana o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, logo do cruce de declaracións entre Emilio Pérez Touriño e Francisco Rodríguez, deputado do BNG no Congreso. O presidente da Xunta viña de responderlle á chamada de Rodríguez a ser máis esixente diante de Fomento coas necesidades de Galiza, retrucándolle que "os socialistas non necesitamos no pasado queimar bandeiras e non precisamos agora envolvernos na de Galiza".

- 07:00 03/04/2006
Tags:

"As obras de Fomento en Galiza non poden facerse sen coordinación nen diálogo coa Xunta, e aquí é onde debe actuar Touriño se realmente quere exercer como presidente", declarara Francisco Rodríguez o pasado venres logo da presentación dunha proposta non de lei no Congreso para a coordinación dos investimentos estatais en infraestruturas. Rodríguez criticou que Touriño non lle adicase atención abondo "aos atrasos na alta velocidade a Galiza" e pedira atención económica para os treitos aínda non iniciados do Eixo Atlántico, solicitando entre outros, que un ramal do tren se desviase deica ao aeroporto de Lavacolla, "unha obra que non implica máis de 5 km".

Ás declaracións de Rodríguez respondeu con belixerancia o presidente da Xunta, quen nun acto do PSdeG dixo que as declaracións do deputado nacionalista tiñan que ver co seu "ánimo de ocupar espazo mediático cada día". "Alguén se está poñendo nervioso e non é no noso partido", afirmou. A continuación, Touriño chamou a "facer política a través do diálogo e a cohesión co apoio dos cidadáns ás grandes cidadáns", subliñando ue "ese é o noso camiño e non necesitamos queimar bandeiras no pasado nin envolvernos na de Galiza agora", en velada ininuación a cando o deputado do BNG fora xulgado hai anos pola queima dunha bandeira española.

Sobre o asunto, o vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG comentou que esas declaracións non lle gustaran "nin no fondo nin na forma" e pediulle a Touriño "saber encaixar as críticas, que sempre son boas e axudan a traballar mellor". "A sociedade agarda que nós esteamos por riba de determinadas cousas sen entrar nalgúns tirapuxas normais en política", dixo Anxo Quintana, "e recoñezo que eu tamén cometín ese erro nalgunha ocasión".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: