Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UN ACORDO DE ESTABILIDADE

A maioría do profesorado interino secundou a folga convocada para hoxe

Máis dun 60 por cento do profesorado interino e substituto secundou a folga convocada para hoxe, segundo datos da CIG-Ensino. Xunto co paro e baixo o lema "estabilidade xa", case 1.000 profesores afectados polo retraso das negociacións concentráronse diante da Consellería de Educación en Santiago.
Os sindicatos e asociación de profesores interinos mostran deste xeito que non están dispostos a agardar máis, logo dos continuos retrasos no inicio das negociacións por unha mellora da situación do profesorado interino. Segundo a CIG-Ensino, as expectativas que se crearan co cambio de goberno non se cumpriron. Así, despois das continuas promesas imcumpridas polas que a data de inicio destas negociacións íase pospoñendo, o profesorado realizará hoxe, ademais do paro e da concentración ante a Consellería, unha asamblea no IES Monte de Conxo de Santiago.

- 15:00 03/05/2006
Tags:

A problemática do profesorado interino e substituto vén sendo nos últimos anos a maior preocupación dos sindicatos e asociacións de profesores galegos, que procuran unha maior estabilidade, un sistema de acceso diferenciado á función pública, a mellora das condicións de traballo e da xestión das listas e do nomeamento do profesorado substituto. No pasado mes de setembro, a Plataforma polo Acordo de estabilidade do Profesorado non numerario e substituto presentou ante a Consellería de Educación a súa proposta a prol do acordo e pola mellora das condicións de traballo.

A folga de profesorado interino e substituto do 19 de outubro, seguida por máis de 500 profesoras e profesores, serviu para que a Conselleira se comprometese a iniciar as negociacións a comezos de febreiro no marco da mesa sectorial. Porén, transcorridos máis de dous meses desde as datas comprometidas para o comezo das negociacións, segue sen establecerse unha data concreta de inicio destas.

Fernández Sánchez, secretaria da Mesa Sectorial docente non universitaria, emitiu un comunicado a semana pasada con fin de calmar os animos ante a folga. No comunicado, comprometeuse a iniciar as negociacións despois da primeira quincena de maio, iso si, dándolle prioridade a negociación das retribucións. O anuncio só fixo mella en UXT que desconvocou a folga unilateralmente. Pola súa parte a CIG-ensino, o Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza e a Asociación de Profesorado non numerario de Galiza, quenes formaban xunto a UXT a plataforma convocante, cren que a Consellería xa perdeu a súa marxe de confianza e acusa a Fete-UXT de romper o acordo asinado no que se expuso que se a Consellería non fixera algunha oferta uns días antes da folga, non se desconvocaría. Pola súa parte a Union Xeral de Traballadores congratúlase de ter conquirido "a apertura das negociacións para este profesorado sen que sufra desgaste económico algún".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: