Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CINEMA, DO 2 AO 7 DE MAIO

Mario Iglesias, Chus Domínguez e Álex Mene no REC 06, o festival de creación audiovisual de Tarragona

Boa presenza de directores galegos nas diversas seccións a concurso do REC'06. O festival conta coa participación de curtametraxes recentes de novas promesas do cinema peninsular, como o moi premiado Raúl García, ou Isabel Herguera. Todas as proxeccións de curtametraxes rematan co pase de produccións internacionais premiadas ou que, pola contra, son estreas absolutas. Unha das novidades desta edición é a celebración dunha noite bizarra na que entre outras curtametraxes especialmente cutres se van proxectar El percebeiro asesino ou Demetriox, bestia del apocalipsis.

- 15:16 02/05/2006
Tags:

O director Mario Iglesias, que vive en Pontevedra, participa cunha curtametraxe intimista que foi premiada, entre outros, no Festival Internacional Filmets de Badalona e no Festival de Cinema de Málaga. Madres, localizada en Ribeira, trata unha historia que ben se podería ter inspirado nun texto de Castelao. Unha pintora embarazada que acaba de quedar viúva, recibe un encargo singular: unha muller pídelle que lle pinte o retrato do seu fillo morto, do que non ten ningunha fotografía.

O singular director Chus Martínez proxectou xa o seu documental O tempo dos bullós en diversos festivais internacionais de Estambul, Santiago de Cuba e Euskadi. No 2003 rodou unha curtametraxe de 35 minutos localizada na Lagoa de Antela, O prezo da dote, que se baseaba nun poema de Chus Pato ao que puña voz Uxía Senlle. Tamén é autor doutros documentais baseados en textos de Avilés de Taramancos e Américo Rodrigues.

Álex Mene conta cunha importante traxectoria como fotógrafo e artista e presenta Una jota aragonesa, unha curtametraxe humorística rodada no idioma da jota. Con esta peza brevísima, e cunha economía de medios evidente, cuestiona o canon da beleza. Pódese ver na web de Caja Madrid. Xunto co crítico de arte e profesor da Universidade de Vigo, Xosé Buxán Bran, rodou en 2003 unha curtametraxe de tema gai sobre a soedade dun home que perde á súa parella, titulado Esas nubes.

Chus Domínguez
O tempo dos bullós | 2005
Documental | 12 min.
Mércores 3 de maio de 2006 ás 20:00

Álex Mene
Una jota aragonesa| 2004
Videocreación | 2 min
Xoves 4 de maio de 2006 ás 20:00

Mario Iglesias
Madres | 2005
Curtametraxe de ficción | 23 min.
Venres 4 de maio de 2006 ás 20:00

REC 06, o festival de creación audiovisual de Tarragona
Auditori de Caixa Tarragona
c/ Pere Martell, 4 – Tarragona


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: