Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NIN BURCAS NIN PRINCESAS

Ana de Matos presenta na Metrònom de Barcelona cinco instalacións sobre as redes de poder e as mulleres

Volve á sala do Born outra artista galega demostrando a vitalidade da nova arte galega. Se este Nadal Carme Nogueira presentou a súa instalación sobre os refuxios urbanos, nesta ocasión Ana de Matos investiga sobre os corpos de fe, cinco instalacións ideadas, sobre como as mulleres de oriente e occidente sofren as normas nun corpo estrañado. Estas instalacións, ideadas para a Sala Metrònom, inclúense no programa da Loop'06 e mais da FEM'ART 2006.

- 22:07 02/05/2006
Tags:

Algunhas culturas impiden fisicamente a vivencia do mundo real interpoñendo a burca, o veo ou os celos. Outras tecen redes de poder máis sofisticadas, ben sexa mediante a palabras sagrada das relixións, as revistas do corazón e outros arquetipos femininos, que se empregan como modelos de comportamento aos que as mulleres se teñen que enfrontar na súa vida cotiá. A mostra está formada por instalacións e un programa de vídeo referidos a diversas culturas e investiga sobre as redes de control que operan en oriente e occidente: nas culturas musulmás e indias, no catolicismo, no consumismo occidental a través das Barbies e Diana de Gales, presentada como o fetiche roto. Hai visitas comentadas para grupos polo crítico de arte Manuel Segade.

Ana de Matos, artista e viaxeira infatigable, ten unha intensa traxectoria na investigación do suxeito feminino partindo dun proceso de traballo introspectivo. A súa obra recibiu xa un importante recoñecemento internacional e forma parte de coleccións en Galiza, os Países Cataláns, Estados Unidos e Xapón. En 2005 presentou unha individual na Fundació Pilar i Joan Miró de Mallorca titulada Territorios de locura y poder e nunha colectiva titulada Adosados, na Fundación Eugenio Granell de Compostela.

Ana de Matos Cuerpos de fe
Do 25 de abril ao 10 de xuño de 2006 | Aberto de martes a sábado, 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Sala Metrònom. Fundació Rafael Tous d’Art Contemporani
c/ Fusina, 9 – 08003 Barcelona
Entrada de balde


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: