Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SINDICATOS E CONSELLARÍA ASINAN POR FIN O ACORDO SALARIAL

O profesorado galego xa non é o peor pagado do Estado

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, asinou este martes cos representantes sindicais da ANPE, CC.OO., CIG, CSI-CSIF, FETE-UGT e STEG un acordo sobre o incremento das retribucións do persoal docente (mestres e profesores de secundaria). Tanto a conselleira como os propios dirixentes sindicais amosaron a súa satisfación de ter acadado un acordo xa que, segundo Anxo Louzao da CIG, "desfai a inxustiza de que foramos o profesorado peor pagado do Estado". Este acordo abre a porta a negociación da mellora da situación laboral do profesorado interino, que estaba pendente deste asinamento para retomar a súa propia negociación.

- 07:58 18/05/2006
Tags:

"A aposta do Goberno galego pola educación e innovación é decidida e prioritaria" asegurou onte a conselleira Sánchez Piñón na rolda de prensa da presentación da mellora salarial. Segundo Piñón, o acordo acadado non ten precedentes xa que participaron todos os sindicatos con representatividade no ensino e porque afecta a todo o profesorado de ensinanzas non universitarias de Galiza: 32.000 docentes, entre funcionarios de carreira e persoal interino e substituto, e supón un incremento de 150 euros mensuais e de 1.800 euros anuais para todo o persoal docente que imparte ensinanzas distintas das universitarias. Unha vez consolidada a revisión das retribucións, en 2009, suporá un incremento do 6,95% con independencia das subas anuais do IPC. Anxo Louzao, da CIG, destacou que "o acordo que asinamos parécenos aceptábel, razoábel e positivo", xa que "abrangue ao conxunto do profesorado, recoñece uns prazos limitados de dous anos e porque é unha cantidade importante". Ademais, "estamos ante o mellor acordo retributivo dos últimos 16 anos", sinalou, que "desfai a inxustiza de que foramos o profesorado peor pagado do Estado".


Ligazóns

0/5 (0 votos)