Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA RECENTE SAÍDA DA PRESIDENCIA DE CERÁMICAS DO CASTRO

Apartan a Díaz Pardo do control de Sargadelos

A xunta de accionistas de Sargadelos celebrou este martes unha reunión que afondou nos enfrontamentos internos asinando a saída de Isaac Díaz Pardo e seus fillos Camilo e Xosé Díaz, deica agora administradores do grupo empresarial. Na altura dos 86 anos, Díaz Pardo deixa así de ter o control sobre o proxecto que axudara a fundar, na actualidade constituído por unha ducia de sociedades. Santiago Sineiro, Xavier Remeseiro e Xosé Luís Vázquez Freire toman o relevo neses cargos, e anuncian para a semana o nomeamento dun novo presidente. Os accionistas argumentan a necesidade de adaptar a empresa aos novos tempos e a oposición do histórico galeguista a dialogar ao respecto. Pola súa banda, Díaz Pardo acúsaos de deslealdade e de querer rachar cos principios fundacionais.

  • Anteriores: Apartan a Díaz Pardo da presidencia de Cerámicas do Castro
  • Entrevista no Canal Murguía con Díaz Pardo: "Galiza é unha nación, pero unha nación escarallada"
  • Así o ven os Aduaneiros
  • Na rede piden sinaturas en favor da continuidade de Díaz Pardo

- 07:23 30/06/2006
Tags:


3.2/5 (5 votos)