Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A GARANTÍA DO CUMPRIMENTO VIRÁ DA RESPONSABILIDADE DA XUNTA

Piden que ningún centro educativo imparta menos do 50 por cento das súas aulas en galego no próximo curso

A Mesa pola Normalización Lingüística xunto con outros colectivos estundatís reclaman á Xunta que os estudantes galegos de secundaria poidan recibir as aulas do curso 2006-2007 no seu idioma. Ademais, consideran que esta reivindicación non debería de terse feito, xa que se contempla no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004, medida que é de obrigado cumprimento.

- 16:50 11/07/2006
Tags:

A Mocidade pola Normalización Lingüística (organización xuvenil da Mesa), o Sindicato de Estudantes (SE) e os Comités Abertos de Estudantes (CAE) fixeron un chamamento conxunto para que a Consellaría de Educación 'garanta que en ningún instituto de Galiza se vai impartir para o curso próximo menos do 50% do ensino en galego', para garantir que se cumpra unha completa normalización do idioma. Este mínimo do 50% para ESO, bacharelatos e ciclos formativos está estipulado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004. Para o cumprimento desta medida, os asintantes esíxenlle á Xunta que "sexa responsábel".

Estas tres organizacións xuvenís lembran que en Galiza se están a vulnerar os dereitos lingüísticos dos estudantes, como constataron organismos internacionais como o Consello de Europa. Neste sentido, as organizacións que solicitan ese mínimo de aulas en galego fano porque a Inspección Educativa ten o deber de cumprir coas súas obrigas de velar porque os acordos aprobados cheguen a materializarse. Ademais, as institucións teñen a obriga de cumpriren cos tratados internacionais referentes ás cuestións lingüísticas.

A Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo tamén demanda a aplicación do Plan para o curso 2005/06. Ao respecto, a xunta deste centro, dependente da Universidade de Santiago, aprobou por unanimidade o documento presentado pola Mesa de que para o curso próximo se aplique o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ensino. Entre as medidas que acordaron para garantiren esta aplicación, atópase o escribir á Secretaria Xeral de Política Lingüística e á Conselleira de Educación para lles reclamar que se garantan os mínimos de ensino no noso idioma no curso que vén.


0/5 (0 votos)