Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REMODELACIÓN TRAS A MORTE DE RODRÍGUEZ PEÑA

Iago Tabarés liderará o PNG-PG ata que se celebre o vindeiro congreso

A morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña, un dos fundadores do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), apurou unha serie de cambios no seo da formación liberal. O ourensán Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, deputado do BNG no Parlamento de Galiza, será o novo secretario xeral do partido. Tabarés será o encargado de guiar o proxecto ata que no segundo semestre de 2007 se celebre o congreso do partido.

- 12:38 06/11/2006
Tags:

Rosendo Gonzalo Covelo ocupará nesta nova andaina a vice-secretaría xeral. A executiva complétase da seguinte forma: Vicente Rivas Negreira (Área de Formación); Xosé Rodríguez Cid (Implantación); e Tareixa Vázquez Calvo (Acción Social). Na dirección tamén estarán como vogais Marisa Seara, Xulio Medela e Xosé Pascual.

Cara á Asamblea Nacional do BNG, dende esta formación sinalan que traballarán por "unha estrutura interna que sexa garante do pluralismo ideolóxico existente na fronte". Subliman que apostan por facer un Bloque "participativo e aberto á sociedade, cun proxecto de nación que poda representar a toda a cidadanía do noso país".


Ligazóns

5/5 (1 votos)