Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFÍRMASE QUE SERÁN CATRO AS CANDIDATURAS

Máis de 300 militantes do BNG optan a entrar no Consello Nacional

As cartas están xa enriba da mesa. Non houbo sorpresas de última hora, tal e como xa lles adiantabamos o xoves, finalmente serán catro as candidaturas que loiten polo Consello Nacional do BNG. Estarán encabezadas por Anxo Quintana, Xosé Manuel Beiras, Fermín Paz e Charo Fernández. Mentres que A Alternativa presentou xa o pasado martes a súa lista; a candidatura oficial, o Movemento pola Base e o Encontro Irmandiño agardaron ata última hora da tarde do venres para rexistrar as súas propostas. En total serán 311 os militantes que optan a entrar no máximo órgano de goberno do BNG.

- 13:00 25/11/2006
Tags:

Anxo Quintana e Francisco Rodríguez negociaron ata última hora unha lista na que tamén teñen cabida os non-adscritos de Roberto Mera e formacións como o PNG-PG e Inzar, aínda que o peso da UPG nos 35 primeiros postos é moi notábel. Logo de Quintana aparecen na lista María Xosé Bravo, Francisco Rodríguez, Ánxela Bugallo, Francisco Jorquera, Ana Pontón, Roberto Mera, Clara Millán, Miguel-Anxo Fernández Lores e Rosana Pérez.

O Encontro Irmandiño que pilota Xosé Manuel Beiras conta nos postos principais con Crisitina Amor, Mario López Rico, Flor Maceiras, Ramón Mouriño, Mónica Díaz, Xosé Manuel Taboada, Concha Trigo, Martiño Noriega e Beatriz García.

Fermín Paz Lamigüeiro lidera a a lista de Movemento pola Base, seguido de Paula Castro, Xosé Emilio Vicente, Zelia Parra, Fidel Diéguez, Noa Olaia Presas, Miguel Anxo Abraira, Manuela López, Rafael Mouzo Lago e Amalia Collazo.

A Alternativa de Charo Fernández Velho componse nos seus primeiros postos por Amada Traba, Alberte Rodríguez Feixó, Camilo Nogueira, Ánxeles Fernández, Xoán Manuel Rama Trillo, Sonia Saínz, Xusto Fernández, Xesús Manuel Díaz e Xosé Chorén.

Pode consultar as candidaturas íntegras na paxina do BNG.


Ligazóns

0/5 (0 votos)