Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A ASOCIACIÓN CASCO VELLO ORGANIZA A CUARTA EDICIÓN DO OBRADOIRO

Vigo revive os cantos e danzas de Reis

A asociación veciñal e cultural Casco Vello, de Vigo, comeza o martes a cuarta edición dun obradoiro de cantos e danzas de Reis, que recupera unha tradición medieval que xa case estaba esquecida. Este ano, ademais de contar por primeira vez cunha subvención da Consellería de Cultura, incorpórase unha sesión de contacontos para os rapaces, que gozarán do espectáculo o venres 29 no pavillón do Berbés. As actividades inclúen, ademais, unha conferencia sobre a tradición dos cantos de Reis na cultura galega, que vai impartir o mestre de gaita Xerardo Santomé, o día 22 ás oito do serán no local da asociación. Persoas de todas as idades poderán asistir os martes, mércores e xoves á tarde na sede da entidade aos ensaios, que culminarán o 4 de xaneiro cun pasarrúas polo casco vello e a rúa do Príncipe.

- 12:47 12/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: