Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Volve Fuxan os Ventos

Novo disco, despois de quince anos, e páxina web do mítico grupo lugués.

- 08:05 28/04/1999
Tags:

Fuxan os Ventos ven de sacar o seu último traballo, "Sempre e máis despois", un álbume con trece temas tradicionais que farán as delicias de tódolos amantes ó folk e á música en xeral.

Dende que en 1984 grabaran "Noutrora", Fuxan os Ventos cesou a súa actividade discográfica, aínda que seguiron dando algúns concertos.

Agora volven a escea cun traballo de grandísima calidade e cunha páxina web, que se atopa en http://lugonet.com/fuxanosventos

Nese enderezo pódense atopar tódalas letras das cancións grabadas por Fuxan nos seus 27 anos de historia, a propia historia do grupo, partituras das cancións senlleiras e cinco pequenos cortes en Real Audio de senllos temas do novo disco.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: