Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Poio sancionará os danos producidos por cans

O concello de Poio ven de editar un bando no que se lle comunica ós veciños das responsabilidades que teñen que asumir pola posesión dun animal doméstico.

- 11:18 02/03/1999
Tags:

O alcalde, Luciano Sobral, fai fincapé na nota que os propietarios destes animais serán os únicos responsables dos danos, perxuicios e molestias que poidan causar ós veciños. Deste xeito, o goberno local pretende que tódolos veciños do municipio que posúen un animal doméstico cumpran tódalas normas que marca a lei para que non ocorran desgracias como as acontecidas nas últimas semanas e que se saldaron coa morte dun neno de catro anos a causa das mordeduras dun can. Por outra parte, o organismo responsable do mantenemento do canil municipal está a manter unha serie de xuntanzas para fixa-las bases do seu funcionamento. Aínda que polo de agora as bases reguladoras non están aprobadas definitivamente o que é prácticamente seguro é que os cans recollidos polo canil municipal deberán ser reclamados polos seus propietarios nun prazo máximo de vinte días porque do contrario serían considerados como abandonados. No caso de que os funcionarios do canil recollan un can e este sexa reclamado polo seu dono no prazo establecido, o propietario deberá proceder ó pagamento dos gastos de manutención derivados pola estadía no animal no canil. O canil municipal de Poio está situado nas inmediacións do vertedoiro, nunha parcela que foi cedida no seu día pola comunidade de montes Rega dos Agros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: