Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

¿Ten vostede adicción ao cibersexo?

Se nos teus favoritos hai unha manchea de webs pornográficas, participas en chats eróticos e o teu computador ten a solución aos teus problemas... Quizabes sexas un/ha adicto/a ao cibersexo. Podes comprobalo neste test da Universidade de Indiana (só para homes), pero hai webs, como OnLineSexAddict.org, adicadas por completo a esta adicción, que inclúen tamén un cuestionario e un curso en liña para tratar o problema. É tamén interesante o estudio sobre o tema que publicou a Asociación Psicolóxica Americana. Segundo eles, o perfil da maioría dos pacientes é o seguinte: "persoas moi imaxinativas con pouca habilidade para relacionarse socialmente". Tal é a magnitude da preocupación que o propio Goberno americano encargoulle a un grupo de científicos unha investigación (de 500 páxinas) titulada: "A mocidade, a pornografía e internet".

- 11:50 25/06/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: