Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Torrecedeira contra unha sala de xogo.

Os viciños da rúa Torrecedeira fixeron onte un chamamento ós residentes nesta zona para que acudan o mércores a unha manifestación convocada como protesta, contra os próprietarios e clientes, dun local que acolle a un salón de xogos. Os afectados, denuncian que no local traficase con drogas e se fomenta o vandalismo, nos xoven que a el acuden.

- 09:26 02/03/1999
Tags:

Cansos de soportar, desde hai dez anos, esta situación, os viciños da rúa Torrecedeira teñen previsto concentrarse fronte o local de xogos "Ruada". Neste local, segundo eles, danse clases de delincuencia ós máis xoves e, dentro do mismo traficase con drogas, sobre todo con pastillas e hachís. Como exemplo os residentes máis próximos ó local lembran co ano pasado tivo lugar nesta sala de xogos un tiroteo no que resultou ferido de gravidade, un axente da polícia local. Os viciños da zona, din que os camellos que trafican nesta sala de xogo, son os mismos que venden as súas mercadorias ós estudiantes de peritos e empresariais. Tamén dín que son coñecidos de todos e que fan os seus negocios con total impunidade. O salón "Ruada", está situado na número 94 da rúa deTorrecedeira e perto del, é dicir, nun radio de cento cincoenta metros, atópanse catro centros de educación primaria e secundaria. Os afectados aseguran que o Instituto Politécnico, atópase tan só a 105 metros, co que o local de xogos incumple a lei. Por outra banda esta asociación de viciños afectados por este local sinalan que son moitos os pais de alumnos menores de idade, que teñen ido sacar os seus fillos do local xa que estes acaban enganchados ás máquinas tragaperras. Estes alumnos, pasan ó principio os recreos no salón de xogos, e co tempo, rematan por non asistir ás clases. Deste dato, segundo os viciños, pode dar conta a directora dun dos institutos próximos xa que xunto coa polícia local, ten ido moitas veces a buscar ós alumnos que non acudiron ás clases.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: