Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A responsabilidade de FMI e BM na pobreza mundial

‘Dende o axuste estructural á reducción da pobreza, ¿que hai de novo?’. Así titula a Conferencia das Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento o seu último informe. No documento, sublíñase que hai que dar medios para subsistir e non axudas de emerxencia que convirtan os países pobres en asistidos permanentes. En crítica directa ao Fondo Monetario Internacional, FMI e ao Banco Mundial, piden medios para unha vida sostible no canto de cartos a devolver con intereses.

- 12:54 07/02/2003
Tags:

Faise eco o organismo do neoliberalismo que goberna as políticas de FMI e BM e advirte que o desenvolvemento vai en aumento coas estratexias actuais. A análise despréndese dun detallado informe onde propoñen máis dun cento de medidas a aplicar para rematar coa pobreza do África subsahariana.

Crecemento sostido non é caridade, avisan, ao tempo que se promoven programas asistenciais habería que trazar estradas, contruír infraestructuras, redes de electricidade, alcantarillado, auga quente,... Lembran que os datos da ONU subliñan o aumento da pobreza nos últimos 30 anos e como nese proceso tiveron moito que ver as ‘recomendacións’ do FMI, e como a débeda externa se reduce moito máis lentamente a cada paso.

Víctimas do Sida, víctimas de asolagamentos, de malaria, tuberculose, fame, secas, guerras,... “A este paso non acabaremos coa pobreza, pero cos pobres si”...


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: