Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Verbas de amor con premio

A xornalista Moncha Prieto, de Milladoiro, resultou gañadora do VII concurso de cartas de amor que cada ano organiza Radio Fene co gallo da festividade de San Valentín. Como novidade, o xurado acordou nesta ocasión concederlle un áccesit a Miguel Ángel Rozados, de Santiago de Compostela. Máis de 20 persoas participaron no certame.

- 11:36 14/02/2003
Tags:

A VII edición do concurso de cartas de amor que organiza Radio Fene xa ten gañador. Segundo o xurado co certame, a carta presentada por Moncha Prieto destaca "pola súa densidade literaria e construcción formal, así como pola súa cadencia e un idioma moi coidado".

Como novidade o xurado, conformado polo escritor Miguel Anxo Fernán-Vello, a novelista Rosa Aneiros e o xornalista Nicolás Vidal acordou a concesión dun áccesit para a carta presentada por Miguel Ángel Rozados. Esta decisión foi tomada atendendo ao "sentido expresado polo autor acerca da ausencia da amada, tendo en conta o contexto vital e social, onde non faltan referencias a temas como o desastre do Prestige".

O premio do certame consiste nunha cea para dúas persoas e a estacia dunha noite no Gran Hotel Enrique I. A estancia coincidirá cunha cea-baile de namorados organizada polo devandito establecemento.

Radio Fene editará proximamente o libro Dez cartas de amor, prologado por Bieito Iglesias e Henrique Sanfiz. A obra recollerá as mellores cartas presentadas ao certame nos últimos anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: