Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os María Casares xa teñen candidatos

Animaliños, de Teatro de Aquí; A Conxura dos Necios, de Sarabela e Río Bravo’02, de Chévere son as obras que optan na categoría de mellor espectáculo teatral aos premios María Casares. A Gala, organizada pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, premia as mellores produccións en lingua galega realizadas no ano 2002. A entrega dos galardóns do teatro galego realizarase o vindeiro 27 de marzo no teatro Rosalía de Castro da Coruña e será retransmitida en difererido pola TVG.

- 11:57 11/03/2003
Tags:

Os nominados para a edición deste ano dos premios María Casares son:

MAQUILLAXE
Martina Cambeiro, Talía Teatro
Carmela Montero, Sarabela
Mara Sánchez, Bacana

VESTIARIO
Carlos Alonso, Teatro do Morcego
Carlos Rodríguez, Sarabela
Mara Sánchez, Bacana

ILUMINACIÓN
Suso Díaz, Sarabela
Miguel Soto e Marcos Orsi, Bacana
Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Aquí

MÚSICA ORIXINAL
Bernardo Martínez, Pífano
Fran Pérez, Chévere
Rodrígo Romaní, Teatro do Atlántico

ADAPTACIÓN/ TRADUCCIÓN
Quico Cadaval, Tanxarina
Ánxeles Cuña Bóveda, Sarabela
Artur Trillo, Talía Teatro

TEXTO ORIXINAL
Lino Braxe, Campo Sur, Teatro do Noroeste
Cándido Pazó, Binomio de Newton, Teatro de Adro
Roberto Vidal Bolaño, Animaliños, Teatro do Aquí

ESCENOGRAFÍA
Carlos Alonso, Río Bravo, Chévere
Marcelino de Santiago “Kukas”, A conxura dos necios, Sarabela
Francisco Oti Ríos, O colaborador, Centro Dramático Galego

ACTOR PROTAGONISTA
Fernando Dacosta, A conxura dos necios, Sarabela
Xosé M. Olveira “Pico”, Binomio de Newton, Teatro de Adro
Artur Trillo, Xustiza Infinita, Talía Teatro

ACTOR SECUNDARIO
Xavier Estévez, A conxura dos necios, Sarabela
Xosé A. Porto “Josito”, A conxura dos necios, Sarabela
Tito R. Asorey, A conxura dos necios, Sarabela

ACTRIZ PROTAGONISTA
Susana Dans, Mulleres, Uvegá
Laura Ponte, Mulleres, Uvegá
Mara Sánchez, Mulleres, Uvegá

ACTRIZ SECUNDARIA
Maxo Barjas, Momo, Teatro do Morcego
Sabela Gago, A conxura dos necios, Sarabela
Mónica García, Os espectros, Centro Dramático Galego

DIRECCIÓN
Xan Cejudo, Estima, Pífano
Ánxeles Cuña Bóveda, A conxura dos necios, Sarabela
Roberto Vidal Bolaño, Animaliños, Teatro do Aquí

ESPECTÁCULO
Animaliños, Teatro do Aquí
A conxura dos necios, Sarabela
Río Bravo’02, Chévere


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: