Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As leccións do Exxon Valdez

O impacto das mareas negras sobre a ecoloxía e a economía das zonas afectadas prolóngase no tempo e esta circunstancia incide de maneira determinante na avaliación dos danos. Iso é o que pon en evidencia a última sentenza sobre a catástrofe do Exxon Valdez. De feito, a sentencia emitida esta semana polo xuíz de distrito Russell Holland, de Anchorage (Alaska) obriga a petroleira Exxon Mobil a pagar 4.500 millóns de dólares e 2.550 millóns máis en concepto de intereses aos 32.000 mariñeiros, empresarios e particulares afectados polo desastre.

- 20:03 30/01/2004
Tags:

A condea é froito dun recurso presentado polos propios afectados contra outra sentenza anterior que obrigaba a petroleira a pagar 5.000 millóns de dólares. Lembrámoslles que a marea negra do Exxon Valdez foi producida polo verquido de 37.000 toneladas de fuel en 1989.

15 anos despois, o xuíz recoñece na sentencia que a contaminación causou danos permanentes na zona. A semana pasada, no relatorio que Xabier Vence en nome de Nunca Máis leu na comisión sobre seguridade marítima do Europarlamento, denunciábase que aínda non existe un estudio de avaliación do impacto e dos danos ocasionados polo Prestige.

Tamén advertía que "os avances de avaliación realizados por diferentes equipos de expertos independentes estiman os danos do Prestige en níveis ata 15 veces superiores ao límite máximo de idemnización establecido polo FIDAC. Tampouco resultarían suficientes as contías de 1000 millóns de euros propostas pola Comisión Europea e sometidas a stand by no marco da OMI".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: