Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Quen necesita estradas?

Hoxe queda cortado o tráfico nun dos viais da Gran Vía. Esta situación prolongarase por tres meses que é, o prazo de realización previsto para que rematen as obras.

- 01:21 08/03/1999
Tags:

A execución de obras de saneamento obrigará a cortar o tráfico na Gran Vía, en sentido ascendente, entre Urzaiz e Pza. de España. O tráfico será canalizado, nas dúas direccións, pola calzada descendente. Os conductores terán que buscarse a vida para circular polas rúas laterais, e supoñemos que lles informarán multitude de axentes municipais que o Concello ten previsto mobilizar. Este tipo de medidas, serán tomadas tamén noutras rúas da cidade das que xa lles iremos dando conta a medida que o concello o comunique. Os conductores vigueses afeitos a este tipo de imprevistos e solucións de emerxencia con que a cotio, sorprendelles o Departamento de Tráfico, terán dúas saidas: unha filosofica e, outra de protesta a base de bugina. Sexa cal sexa a que adoiten, o tema, salvo que as obras se fagan nun tempo récord (cousa bastante improbable), a situación será esta ata caseque a entrada do verán. Pero non é isto todo, o concello pensa surprender, cun máis díficil aínda ós conductores vigueses. E para elo, medidas como a que hoxe ten lugar na Gran Vía, faranse realidade noutros puntos tan conflictivos como na Travesía de Vigo, por poñer un exemplo. Estas obras de saneamento que poderían decidir ós conductores menos pacientes a sacar o carnet de piloto de aviación ante a imposibilidade de circular pola terra, son consecuencia dun convenio que por valor de máis de 5.000 millóns de pesetas asinaron o ano pasado o Concello e maila Xunta de Galicia, nun momento no que o noso alcalde e Xosé Cuiña ainda se dirixian a palabra.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: