Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALTERMUNDO

FMI: 60 anos de viaxe a ningures

Dende que nos anos oitenta o FMI asumiu un papel central para o mundo en desenvolvemento, deterioraronse as condicións de vida das maiorías pobres e as súas expectativas futuras. Con motivo da visita de Rodrigo Rato a Madrid para unha conferencia de conmemoración sobre os acordos de creación de FMI e Banco Mundial, os colectivos Intermón-Oxfam e Cáritas aproveitaron para lanzar unha campaña a prol dun cambio de rumbo na actividade do Fondo Monetario Internacional.

- 16:24 18/06/2004
Tags:

"Non hai nada que celebrar cando 60 anos despois dos acordos de Bretton Woods, a desigualidade, a pobreza e a desesperanza aumentaron no mundo en desenvolvemento e seguen castigando ás maiorías pobres do noso planeta. Non é momento de celebracións. Hai que revisar a fondo o traballo do FMI para transformar profundamente o seu papel no desenvolvemento e a orientación das súas actividades". Son palabras de Marta Arias, do departamento de Campañas e estudios de Intermón Oxfam.

Os colectivos humanitarios critican o papel do FMI nas últimas décadas, culpándoo de aumentar a fenda entre pobres e ricos no canto de axudar a superala. "Sabémolo porque traballamos cada día con millóns de persoas para mudar esta realidade e comprobamos como as políticas do FMI operan con demadiada frecuencia no sentido oposto", afirmou Jaime Atienza, do equipo de análise de Cáritas durante a presentación da campaña.

Dende a rede poden enviarlle a Rodigo Rato, novo presidente do organismo internacional, unha carta pedíndolle que contribúa a mudar o rumbo do FMI.


Ligazóns

0/5 (0 votos)