Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFRAESTRUCTURAS FERROVIARIAS

O BNG demándalle ao goberno español 16 novos trens TRD para Galiza

O deputado do BNG Francisco Rodríguez presentou unha iniciativa parlamentaria para demandarlle ao goberno español que destine a a Galiza 16 novos trens TRD no novo reparto a nivel estatal que vai facer no mes de outubro. Rodríguez advertiu que ten coñecemento "de que o sindicato UXT acusou a Renfe de planificar o envío de só seis dos 21 novos trens, cando debía planificar o envío de 16 segundo un acordo coa Xunta".

- 07:56 20/09/2004
Tags:

O deputado do BNG lembra que a o Goberno galego está a pagar 2,7 millóns ao ano á compañía ferroviaria para cobrir liñas deficitarias e renovar material. "Cantos novos trens TRD da serie 598 destinará Fomento ás liñas ferroviarias galegas de aquí ao ano 2005?", inquire Rodríguez.

O deputado nacionalista quer saber se existe un acordo entre Renfe e a Xunta no que se recolle o compromiso de que se van incorporar 16 novos trens TRD. "Non cre que a contribución anual da Xunta con 2,7 millóns de euros para liñas deficitarias e en infraestrutura ferroviaria debía supor un trato mais acordo coa mellora dos servizos?".


0/5 (0 votos)