Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DA XUNTA

A Escola de Arte Dramática vai para Vigo

O Consello da Xunta decidiu que fose Vigo a sede da Escola de Arte Dramática. En concreto, estará situada no campus universitario de Lagoas-Marcosende e deberá ter un mínimo de 90 alumnos. Durante a rolda de prensa posterior ao Consello, Fraga sinalou que "hai anos falouse de crear este centro en Santiago, pero as institucións municipais e demais non ofreceron instalacións". Pola contra, o grupo municipal do BNG do concello de Santiago asegura que a decisión de levar a Escola de Arte Dramática a Vigo débese exclusivamente a "criterios partidistas".

  • Unha vella desputa entre Vigo e Santiago pola Escola de Arte Dramática
  • Máis información no escáner É necesaria unha escola superior de teatro?

  • - 17:10 07/10/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)