Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A EUROVISIÓN DAS LINGUAS MINORIZADAS

Uxía queda terceira nun Liet que vai para Laponia

A cantante porriñesa Uxía representou este venres a Galiza no Liet Ynternasjonaal, o festival europeo da canción en linguas minorizadas. O seu tema de nova creación 'Cadeas', quedou finalmente en terceira posición, por detrás do lapón Niko Valkepää e dos occitanos Bombe 2 Bal. O festival, onde se dan cita todos os estilos musicais, foi pois por segunda vez consecutiva para as terras de Laponia, na edición de máis calidade das que se celebraron ata o de agora. Ademais dos xa mencionados, participaban no teatro Die Harmonïe de Ljouwert frisóns, limburgueses, escoceses, galeses, bretóns, sorbios e friulanos.
• Máis información sobre o frisón e a historia e funcionamiento do Liet Ynternasjonaal.
• Anubía, a primeira participación galega no Liet de 2003, que gañaran os lapóns Transjoik.
• Dosier de Vieiros sobre a actuación de Verónica Codesal en Eurovisión, representando a Bélxica.

- 07:47 23/10/2004
Tags:


5/5 (1 votos)