Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADA DEPORTIVA

Iván Raña e Xosé Antonio Hermida quedaron lonxe da vitoria no desafío do Río

O Río de Xaneiro acolleu este domingo unha espectacular proba combinada:distintos equipos percorreron algúns dos lugares máis espectaculares da capital carioca nunha proba de relevos que comezou nas fortes ondas mar, continuou en bicicleta, proseguiu en á delta e rematou á carreira pola area de Leblon, Ipanema e Copacabana. Nun dos equipos parfticipantes no desafío Red Bull Xigantes do Río participaron dous galegos: o triatleta ordense Iván Raña nadando, e mais o ciclista ourensán, nacido en Cataluña, Xosé Antonio Hermida, na bicicleta. Podes consultar tamén aquí os demais resultados deportivos da xornada.

- 11:29 06/12/2004
Tags:

No Red Bull Xigantes do Río o gañador definitivo foi o equipo profesional australiano. O último relevista, o fondista Courtney Atkinson completou un percorrido de 4 horas e 26 minutos. O equipo no que figuraban Raña e Hermida chegou de decimocuarto, a case media hora dos australianos (na foto). En segunda posición entrou un dos moitos combinados brasileiros e terceiro foi un equipo austríaco.

No relevo de natación, desenvolvido entre as fortes ondas da praia de Copacabana, Iván Raña só puido ser vixésimo sétimo, cun tempo de 52'19", a algo máís de sete minutos do austrliano Ky Hurst. Mellor sorte tivo Hermida, que foi duodécimo na súa proba, recuperando moito treito, e quedando a só catro minutos e medio do primeiro clasificado sobre a bici, o italiano Roland Stauder.


OUTROS RESULTADOS DEPORTIVOS DA XORNADA

Básquet
Celta Vigourban - Adecco Estudiantes: 60-64
Ros Casares Valencia - Yaya María: 84-46
Arranz Encinas - Extrugasa: 60-55
Tau Cerámica - Leite Río Breogán: 108-89
León Caja España- Ourense: 91-76

Balonmán
Alcobendas - Cangas Frigoríficos do Morrazo: 25-27
Teucro - Arrate: 25-27
Pilotes Posada Octavio - Barakaldo UPV: 33-27
Fadesa - Tres de Mayo: 32-27

Fútbol
Racing Santander - Deportivo: 2-2
Racing Ferrol - Valladolid: 2-3
Recreativo - Pontevedra: 2-1
Celta - Tenerife: 1-1
Arteixo - Pájara Playas: 2-2
Fuerteventura - Celta B: 1-1
Lanzarote - Ourense:1-0

Hóquei a patíns
Liga europea. Campolongo Hospital Salerno - Liceo Vodafone: 2-3
OK Liga. Vilanova - Vigo Stick: 1-1
Primeira. Epson Cerdanyola - EMH Cee: 2-1

Hóquei herba
Ourense Bule Bule - Jolaseta: 3-1

Tenis de mesa
Arteal Orballo - Cajagranada: 2-4

Voleibol
Vigo Valery Karpin - Andorra Tx: 3-1
Cajasur Córdoba - A Pinguela: 3-1


0/5 (0 votos)