Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INVESTIGACIÓN

Teresa Moure gaña o Ramón Piñeiro cun ensaio sobre linguas artificiais

'Outro idioma é posible' é o traballo vencedor do IV Premio Ramón Piñeiro de ensaio, dado a coñecer este mediodía, e convocado pola Editorial Galaxia e Unión Fenosa. A obra analiza a historia das linguas artificiais, a súa viabilidade técnica e a súa posible utilización como idioma alternativo e como elemento favorecedor da pluralidade lingüística. Teresa Moure é profesora de Lingüística na Universidade de Santiago e conseguiu recentemente o Lueiro Rey de novela curta con 'A xeira das árbores'.

- 16:13 20/01/2005
Tags:

O xurado destacou a frescura da escrita e a actualidade do debate sobre a diversidade lingüística do planeta. O tribunal estivo composto por Xosé Luís Barreiro Rivas, Ramón Villares, María Xosé Agra, Xan Bouzada, Carlos Fernández, Victor Freixanes e Carlos Lema como secretario. O galardón naceu no ano 2000 para fomentar a escrita ensaística en Galiza, coincidindo co cincuentenario de Galaxia e o décimo cabodano de Ramón Piñeiro.

En 2000 o Ramón Piñeiro gañouno Basilio Lourenço con 'A submisión das masas', en 2002 Anxo Rei Ballesteros con 'Tempo e vinganza', e en 2003 Xosé Luís Barreiro Rivas con 'A terra quere pobo'.


0/5 (0 votos)