Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
I FORO "GALICIA CIDADE DIXITAL" NA ESTRADA

Constitúese o Foro das cidades dixitais de Galiza

Numerosos expertos en novas tecnoloxías e sociedade da información danse cita este martes na Estrada no primeiro Foro Galicia Cidade Dixital organizado polo concello da vila e a consellaría de Cultura. Tamén se vai constituir o Foro Permanente de Cidades Dixitais de Galiza que será asinado polos representantes dos concellos de Vilalba e As Pontes, mais A Estrada, incluídos no programa Cidades Dixitais do Ministerio de Industria e os de Redondela, Monforte, Ribeira e Verín que participan no programa da Xunta. Ademais comprométense neste Foro a Deputación de Pontevedra e Caixa Galicia como entidades colaboradoras.

- 17:02 18/04/2005
Tags:

PROGRAMA I FORO GALICIA CIDADE DIXITAL
A ESTRADA 2005

MARTES 19 DE ABRIL
11:00 h. Entrega de documentación. Lugar: Teatro Principal

11:30 h. INAUGURACIÓN DO Iº FORO DE CIDADES DIXITAIS DE GALICIA, e da EXPOSICIÓN GALICIA DIXITAL a cargo do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesús Pérez Varela e do alcalde da Estrada.

13:00 h. ACTO PROTOCOLARIO DE POSTA EN MARCHA DA CIDADE DIXITAL DE GALICIA, no Pazo de Oca

13:30 h. Proxección video promocional do modelo de Cidade Dixital da Estrada.

17:00 h. Alcance, obxectivos e desenvolvemento das Cidades Dixitais
Fernando Herrero, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

17:30 h. Construción do modelo de Cidades Dixitais en Galicia
Ignacio Otero, Director Xeral de Comunicación Social e Audiovisual

18:00 h. Cidade Dixital de Cataluña – Pirineo catalán
Emili Giralt, Director do proxecto de Cidades Dixitais en Cataluña

18:30 h. Influencia das Tecnoloxías máis avanzadas nas Cidades do Futuro
Luis Neira Martínez, Supervisor EIS-Digital Agencia Espacial NASA en Madrid.

19:00 h. Mesa redonda: "O ámbito das novas tecnoloxías na sociedade"
Isabel Campo, (PCWorld).
Xosé María Fernández Pazos (Código Cero)
César Jiménez (Todos.es)
Moderador: Alejandro Casteleiro.

19:45 h. Videoconferencia. O movemento do software libre
Richard Stalmann, creador- fundador do GNU


0/5 (0 votos)